Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 2000 Páx. 4.808

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (1/1999).

Eu, Lorenzo Villapando Lucas, secretario do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 1/1999 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di. En Santiago de Compostela 10 de marzo de 1999.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número catro dos do partido, estes autos de xuízo de faltas nº 1/1999, seguidos por resistencia e desobediencia á autoridade, no que foron parte denunciante os axentes da policía municipal con carnés profesionais 64 e 82, coa defensa letrada de Esperanza Cobas Prieto, e, como parte denunciada, Alberto Agrasar Cruces, maior de idade. O Ministerio Fiscal mostrouse parte.

Decido que debo condenar e condeno a Alberto Agrasar Cruces como autor responsable dunha falta de respecto e desobediencia ós axentes da autoridade, do artigo 634 do Código Penal, á pena de 10 días de multa a razón de 1.000 pesetas/día, con arresto substitutorio dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas, que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana. Así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Alberto Agrasar Cruces, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela o vinteún de marzo de 2000.

O secretario

Rubricado