Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.751

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da U.E. II-08 Coruña (expediente 4209/401).

Sométese ó trámite de información pública o proxecto de compensación da U.E. II-08 Coruña presentado por Hijos de Ismael Rodríguez, S.L. na súa calidade de propietario único neste ámbito de actuación, polo prazo de vinte días, mediante inserción de anuncio no DOG segundo o establecido no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Significando que o prazo de exposición pública se entenderá aberto desde a data de publicación do devandito anuncio.

A documentación atópase na oficina de información pública da Xerencia Municipal de Urbanismo sita na planta baixa da xerencia.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 23 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo