Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.749

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (11/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 17 de marzo de 2000, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola Comisión Xestora do Polígono F5.01 do Plan Xeral de Ordenación Municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertíndoos de que poderán solicita-la incorporación a Xunta de Compensación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación mediante escrito presentado ante a propia Comisión Xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a Comisión Xestora e no seu nome a Manuel Míguez Rey como presidente dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la Comisión Xestora de que, unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta Administración, deberá de proceder á constitución da Xunta de Compensación con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representación municipal no órgano rector da xunta o xefe de Xestión no Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.-Requiri-la Comisión Xestora, e no seu nome Manuel Míguez Rey para que ingrese na Caixa Municipal en concepto de depósito previo correspondente

a liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de trescentas vintetrés mil seiscentas oitenta (323.680) ptas., advertíndolle que sen a xustificación de ter ingresado a devandita cantidade non se poderá dar trámite ó proxecto de compensación.»

O que se publica para xeral coñecemento indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso no de seis meses contados da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é a partir do mes de interpoñelo.

A presente publicación, producirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poidan serlles practicada a notificación persoal.

A Coruña, 27 de marzo de 2000.

Alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda