1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministración e Compras.
b) Número de expediente: L2000/3.
2.a) Obxecto do contrato: limpeza.
b) Lugar de execución: instalacións deportivas municipais do complexo de Riazor.
c) Prazo de execución: un ano, prorrogándose ata un máximo de seis.
3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
4. Orzamento base de licitación: 18.500.000 ptas. (111.187,24 euros) IVE incluído.
5. Garantía provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: véxase punto 1.
b) Enderezo: praza de Mª Pita, 1-2º.
c) Localidade: 15001 A Coruña.
d) Teléfono: 981 18 42 19.
e) Fax: 981 18 42 71.
f) Correo electrónico: suministros*aytolacoruna.es.
g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas.
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, remantando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): anual.
e) Admisión de variantes: si.
9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.
a) Lugar: véxase punto 6.
b) Data: o quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación.
c) Hora: 12 horas.
10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 22 de marzo de 2000.
O alcalde
P.D.
Rubricado