Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.693

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000 pola que se proclaman os candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos Consellos Provinciais de Servicios Sociais.

A Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais (DOG nº 76, do 23 de abril), configura nos artigos 40 e 41 o Consello Galego de Servicios Sociais como o órgano superior consultivo e de participación da Comunidade Autónoma no eido dos servicios sociais e os consellos provinciais de Servicios Sociais, como órganos consultivos e de participación en materia de servicios sociais no ámbito provincial.

En desenvolvemento desta disposición normativa publícase o Decreto 336/1994, do 27 de outubro (DOG nº 218, do 11 de novembro), que establece a composición dos devanditos consellos de Servicios Sociais e a Orde do 25 de xaneiro de 2000 (DOG nº 25 do 7 de febreiro), que establece as normas e prazos que deberán rexe-lo procedemento para a designación ou elección, segundo o caso, e posterior nomeamento dos vocais dos consellos.

Para os efectos de proceder ás votacións e de conformidade co disposto na Orde do 25 de xaneiro de 2000, que establece un prazo de 15 días naturais desde a publicación desta resolución, para que as entidades que se relacionan no anexo I da devandita orde emitan o seu voto conforme o modelo que se publica como anexo IV da referida orde, esta consellería

RESOLVE

Primeiro.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais:

-En representación das entidades que actúan na área das minusvalideces:

a) Psíquicas:

Julio César Cortiñas López-Federación de Asociacións a favor dos Minusválidos Psíquicos de Galicia.

b) Físicas:

Domingo Dosil Cubelo-Confederación Galega de Minusválidos.

Ángel Gárate Roca-Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol.

c) Sensoriais:

Feliciano Sola Limia-Federación de Asociacións de Xordos do País Galego.

-En representación das entidades que actúan na área da muller:

Mª Josefa Castro Aznar-Asociación Brisa.

-En representación das entidades que actúan na área veciñal:

José Antonio Sánchez Blázquez-Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao de Vigo.

Arturo González Reboredo-Asociación de Veciños Abelenda.

-En representación das entidades que actúan na área da terceira idade:

* Entidades que non dispoñen de centros asistenciais:

Mª Luisa Ansorena Hortega-Federación Territorial de Asociacións Provinciais de Pensionistas e Xubilados de Galicia.

José Piñeiro Bernárdez-Asociación Galega de Pensionistas.

-En representación das entidades que actúan na área de marxinación social:

Julio Soto Varela-Fundación San Rosendo.

Segundo.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais da Coruña:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Ángel Gárate Roca-Asociación Sociocultural de Minusválidos de Ferrol.

Terceiro.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais de Pontevedra:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

José Piñeiro Bernárdez-Asociación Galega de Pensionistas.

Oswaldo Davila Piñeiro-Federación Galega de Deportes de Minusválidos Físicos.

Pablo Beiro Diz-Asociación de Lesionados Medulares y Minusválidos Físicos.

Cuarto.-Proclama-los candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense:

-En representación das entidades prestadoras de servicios sociais:

Delmiro Álvarez García-Asociación Club Recreativo As Burgas.

Gustavo Gómez Novoa-Asociación Local de Pensionistas e Xubilados do Barco de Valdeorras.

-En representación das entidades veciñais:

Ángel Álvarez Rodríguez-Asociación de Veciños Sta. Cruz de Arrabaldo.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais