Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 05 de abril de 2000 Páx. 4.689

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0000137/2000, interposto pola Asociación de Defensa de Opositores de Ourense.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 01/0000137/2000, interposto pola Asociación de Defensa de Opositores de Ourense, contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 22 de setembro de 1999, pola que se eleva a definitiva a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), (DOG nº 193, do 5 de outubro). Corrección de erros (DOG nº 198, do 13 de outubro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida

sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública