Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.672

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración de pensos, alfalfa, trigo, millo, etc. para alimento dos animais do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo.

1. Entidade adxudicadora: Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo. Dependencia: administración.

2. Obxecto do contrato: contratación para a subministración de pensos, alfalfa, trigo, millo, etc. para consumo dos animais do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo.

Lotes: non.

Lugar de entrega: Vigo (Pontevedra).

Prazo: un ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 11.678.280 pesetas/ano.

5. Garantías.

Provisionais: non se esixe.

Definitivas: 4% do orzamento da subministración.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n, 36202 Vigo. Teléfono 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data límite para solicitar documentación: ata o día da finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: acreditar solvencia económica-financeira en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: trece días hábiles a partir da publicación do último dos anuncios no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula IX do prego de condicións.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: Concello de Vigo, praza do Rei s/n (Vigo). Teléfonos: 986 26 77 83 ou 986 26 77 84.

Data e hora: ás 12 horas do día seguinte hábil ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula XIX do prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 28 de febreiro de 2000.

Amador Fernández Fernández

Presidente do Organismo Autónomo Municipal

Vigo-Zoo