Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.671

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000, da Presidencia do Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo, polo que se anuncia a licitación polo procedemento aberto e mediante concurso público de instalación e explotación dunha cafetería-restaurante no edificio central de usos múltiples do parque zoolóxico da Madroa.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo Autónomo Municipal Vigo-Zoo.

b) Dependencia na que se tramita o expediente: oficina administrativa de Vigo-Zoo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: instalación e explotación dunha cafetería-restaurante no edificio cental de usos múltiples do parque zoolóxico da Madroa.

b) Lugar: parque zoolóxico da Madroa, monte da Madroa, Candeán s/n, Vigo.

c) Prazo contractual: 10 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Canon.

1.200.000 pesetas (un millón duascentas mil pesetas).

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 500.000 pesetas.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas está á disposición dos interesados para seu exame na oficina de información, sita na planta baixa da Casa do Concello de Vigo, praza do Rei s/n nos días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación das proposicións.

b) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación das propostas.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no último dos diarios ó que se remita: DOG e BOP, e rematará ós vinteseis días naturais seguintes, ás 13 horas, a excepción de que o último día fora domingo ou festivo, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

b) Documentación que se presentará: licitadores: presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Vigo, sito na planta baixa da Casa do Concello, praza do Rei, s/n da cidade de Vigo. Código postal 36201.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás dez horas do primeiro martes seguinte do día que remate o prazo de presentación de proposicións na casa do concello e ante a mesa de contratación, constituída polo presidente, secretario, interventora e directora administrativa do Organismo Autónomo Vigo-Zoo, se coincidese en día non hábil o de apertura de proposicións ou se, por causas de forza maior, non puidese celebrarse, esta rerá lugar o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos que se orixinen da publicación dos anuncios serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 28 de febreiro de 2000.

Amador Fernández Fernández

Presidente do Organismo Autónomo Municipal

Vigo-Zoo