1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE). (Expediente nº 2/2000).
2. Obxecto do contrato: servicio de limpeza do Coliseum da Coruña e do Teatro Rosalía de Castro.
3. Prazo de execución: dous anos prorrogándose anualmente ata un máximo de catro (incluído período inicial e prórrogas) logo de solicitude do contratista e acordo do órgano de contratación.
4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.
5. Orzamento base de licitación: 9.500.000 ptas. (IVE incluído).
6. Garantía provisional: non se esixe.
7. Obtención de documentación e información.
a) Oficinas do IMCE sitas no edificio Coliseum, Avda. de Alfonso Molina, s/n 15008 A Coruña.
b) Teléfono: 981 13 44 50.
c) Fax: 981 13 60 01.
d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.
8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
9. Presentación de ofertas.
a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este prorrogado ó día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral do IMCE (oficinas sitas no edificio Coliseum, Avda. de Alfonso Molina, s/n 15008 A Coruña).
10. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.
a) Lugar: casa do concello, praza de Mª Pita, 1-2º.
b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación.
11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.
12. Gasto de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 28 de febreiro de 2000.
José Luis Méndez Romeu
Presidente do Instituto Municipal
A Coruña Espectáculos