Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.669

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO do 28 de febreiro de 2000, do Instituto Municipal A Coruña Espectáculos, do concurso, con procedemento aberto, para a contratación do servicio de vixilancia de seguridade do Coliseum da Coruña. (Expediente 1/2000).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Municipal A Coruña Espectáculos (IMCE). (Expediente nº 1/2000).

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia de seguridade do Coliseum da Coruña.

3. Prazo de execución: dous anos prorrogándose anualmente ata un máximo de catro (incluído período inicial e prórrogas) logo de solicitude do contratista e acordo do órgano de contratación.

4. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 10.000.000 de ptas. (IVE incluído).

6. Garantía provisional: non se esixe.

7. Obtención de documentación e información.

a) Oficinas do IMCE sitas no edificio Coliseum, Avda. de Alfonso Molina, s/n 15008 A Coruña.

b) Teléfono: 981 13 44 50.

c) Fax: 981 13 60 01.

d) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral do IMCE (oficinas sitas no edificio Coliseum, Avda. de Alfonso Molina, s/n 15008 A Coruña).

10. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica.

a) Lugar: casa do concello, praza de Mª Pita, 1-2º.

b) Data: quinto día hábil seguinte ó de transcurso do prazo de licitación.

11. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gasto de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 28 de febreiro de 2000.

José Luis Méndez Romeu

Presidente do Instituto Municipal

A Coruña Espectáculos