Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-24/1999 e dous máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas do procedemento

administrativo común, notifícaselles ás personas que no anexo se mencionan, as resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181 , do Caixa Galicia (2091), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse unha vez pagada a contía total da sanción e indmenización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 3 de marzo de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXOS

Expediente: 24/1999.

Denunciado: Luciano Gómez Abal, domicilio Fornos, 5, Caldas de Reis.

DNI: 35.466.626.

Feitos denunciados: pescar en época de veda capturando un total de 22 troitas das cales 6 non alcanzaban as medidas mínimas autorizadas. Feitos denunciados ás 20.20 horas do día 1 de marzo de 1999 no río Umia lugar A Laxe Sanmartín do concello de Moraña.

Data do acordo da incoación: 26-4-1999.

Data do acordo da proposta: 4-11-1999.

Proposta: sancionar a Luciano Gómez Abal con multa de 55.000 ptas. e unha indemnización de 8.000 ptas.

Alegacións a proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar en época de veda 22 troitas.

Precepto infrinxido: 34.8º e 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 e 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 55.000 ptas.

Indemnización: 8.000 ptas.

Inhabilitacion: para obte-la licencia de pesca, e para o exercicio desta actividade durante un ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes contado desde o momento en que a sanción sexa firme.

Expediente: 93/1999.

Denunciado: José Saa González, domicilio Santabaia-Cercio-Lalín.

DNI: 52.482.460.

Feitos denunciados: realiza-lo deporte da pesca con cana, carecendo da preceptiva licencia de pesca fluvial, no momento da denuncia non portaba ningunha captura. Feitos acontecidos ás 17.30 horas do día 16 de maio de 1999 no río Arnego ó seu paso por Carmoega do concello de Agolada.

Data do acordo da incoación: 29-6-1999.

Data do acordo da proposta: 21-10-1999.

Proposta: sancionar a José Saa González con multa de 50.001 ptas. e unha inhabilitación dun ano.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: realiza-lo deporte da pesca con cana carecendo da licencia.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas.

Indemnización: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante 1 ano, debendo entregar, se é o caso, a licencia de pesca no Servicio Provincial de MAN no prazo dun mes, contado desde, o momento en que sanción sexa firme.

Expediente: 128/1999.

Denunciado: Emilio Gabián Domínguez, domicilio Calo-Teo-A Coruña.

DNI: 50.935.593.

Feitos denunciados: pescar 5 troitas (unha de 10 cm; 3 de 16 cm e 1 de 13 cm que non alcanzan as medidas regulamentarias. Feitos acontecidos ás 18.20 horas do día 4 de xuño de 1999, no río Pardellas ó seu paso por San Salvador de Prado, do concello de Covelo.

Data do acordo da incoación: 18-8-1999.

Alegacións á incoación: presenta escrito de alegacións o día 21-9-1999.

Data do acordo da proposta: 13-10-1999.

Proposta: sancionar a Emilio Gabian Domínguez con multa de 5.000 ptas. e unha indemnización de 5.000 ptas.

Alegacións á proposta: no presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar 5 troitas de tamaño non permitido.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 5.000 ptas.

Inhabilitación: 5.000 ptas.