Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.656

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a adxudicación do contrato de servicios de vixilancia e seguridade no centro de menores Avelino Montero en Pontevedra.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de servicios:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 3/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: vixilancia e seguridade no Centro de Menores Avelino Montero.

c) Boletín ou diario oficial e data da publicación do anuncio de licitación: DOG do 4-2-2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 12.778.560 ptas. co IVE incluído.

5. Adxudicación.

a) Data: 22-2-2000.

b) Contratista: Grupo Cetssa, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 12.639.370 ptas., co IVE incluido.

Vigo, 6 de marzo de 2000.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra