Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 04 de abril de 2000 Páx. 4.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación de resolucións de expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos (224/1999 e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións de espectáculos públicos desta delegación provincial número 2091/0707/01/3110000025 de Caixa Galicia, Urbana nº 40 da Coruña, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel no que esta resolución sexa executiva. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita en Fernando Macías 18-1º A Coruña.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento.

Malia o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, contra esta resolución que non esgota a vía administrativa cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 8 de marzo de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expedienteDenunciadoDNI/NIFEnderezoEstablecementoPrecepto infrinxidoPrecepto sancionadorSanción

224/1999José Freire Roca32.405.216Trav. Río Eume, 13-3º C, PontedeumeOdeón23 o) LO 1/199228 LO 1/1992175.000 ptas.

306/1999Jesús Liñares Mesía32.370.053Costa do Pincho, 29, CarralDis Coruña23 o) LO 1/199228 LO 1/1992Sobreser

312/1999Mugal, S.A.A-15.033.319R/ Humbolt, 7-baixo, Sta. Cristina, OleirosDiscoteca Brother's23 o) LO 1/199228 LO 1/1992150.000 ptas.

344/1999Turihost, S.L. (Rpte. Fernando Pazos Ríos)B-15.482.946R/ Boiro, 6-4º C, Santiago de CompostelaPérez y Pérez26 e) LO 1/199228 LO 1/199250.000 ptas

356/1999Turihost, S.L. (Rpte. Fernando Pazos Ríos)B-15.482.946R/ Boiro, 6-4º C, Santiago de CompostelaPérez y Pérez26 e) LO 1/199228 LO 1/199250.000 ptas.