Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Convócase o proceso selectivo para a contratación laboral temporal (3 meses) de oito postos de traballo de auxiliares da Policía Local.

As bases para rexe-la contratación foron aprobadas por resolución desta alcaldía do 9 de marzo de 2000, e publicáronse integramente no BOP da Coruña número 65, do 20-3-2000.

Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas instancias no rexistro xeral do concello durante o prazo de 20 días naturais que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 21 de marzo de 2000.

José Luis Torres Colomer

Alcalde