Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

CONVOCATORIA dunha praza de administrativo de Administración xeral, polo sistema de promoción interna: concurso-oposición.

No BOP da Coruña do día 17 de marzo de 2000, publicáronse as bases para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo de Administración xeral, polo sistema de promoción interna por concurso oposición. Nivel de titulación esixido: título de bacharelato, FP2 ou equivalente.

As instancias nas que se solicita tomar parte no procedemento selectivo poderán presentarse no rexistro xeral deste concello ou por medio das demais formas previstas na lexislación reguladora do procedemento administrativo, dentro do prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Mugardos, 21 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado