Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolucion do procedemento sancionador de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestress 99/022.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles as persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, dispoñen os interesados dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coiden pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para, trámite de vista se o considera oportuno.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9).

A Coruña, 3 de marzo de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 99/022.

Denunciado: López Veizoso, María Jesús.

DNI: 32.599.433.

Último enderezo coñecido: Espartero, 20-2º Ferrol (A Coruña).

Feitos denunciados: circular co vehículo fóra das pistas e intinerarios permitidos, dentro do parque natural de Corrubedo.

Tipificación: leve. Artigo 38.13º da Lei 4/1989.

Sanción proposta: 15.000 ptas.