Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.552

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución dos procedementos sancionadores de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres 99/012 e 99/019.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución dos procedementos sancionadores por infracción da Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, (BOE nº 74, do 28), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadacion de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311.000.166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles seran facilitados nesta Delegación Provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo, procederase ó cobro pola via administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 3 de marzo de 2000.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C.E.N. 99/012.

Denunciado: Lourido Carpio, Roberto.

DNI: 32.792.818.

Último enderezo coñecido: Almirante Mourelle, 48-1º Esq. A Coruña.

Feitos denunciados: acampar e facer lume nun espacio natural protexido.

Tipificación: leve Art. 38.2º.3 da Lei 4/1989, de conservacion de espacios naturais protexidos.

Sanción proposta: 20.000 ptas.

Expediente: C.E.N. 99/019.

Denunciada: Moraña García, Caridad.

DNI: 52.459.476.

Último enderezo coñecido: estrada xeral, 25 Castiñeiras-Ribeira (A Coruña).

Tipificación: leve Art. 38.13º da Lei 4/1989, de conservacion de espacios naturais protexidos.

Sanción proposta: 15.000 ptas.