Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.543

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 14 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación do expediente sancionador 9/1999, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia, por ser devolta a notificación polo servicio de correos.

Por medio desta cédula notifícase á persoa que se sinalan no anexo, co seu último enderezo coñe

cido, a incoación do expediente sancionador que pode dar lugar á sanción que tamén se cita.

Fáiselle sabe-lo dereito que o asiste de alegar ante a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo o que considere conveniente, achegando ou propondo as probas que coide oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula. Comunícaselle que a resolución pola que se incoa o procedemento sancionador pódese retirar na Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada persoa, no cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de marzo de 2000.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº de Exp. sancionador: PO-9/1999.

Data da resolución: 29 de novembro de 1999.

Responsable: Eladio García Fontenla.

Último enderezo: Camiño Pinal, nº 23, Tomada-Saiáns-Vigo.

Motivo: traslado hórreo desde o seu emprazamento orixinal no nº 23 do Camiño Pinal, en Tomada-Saiáns, de Vigo, ata o lugar de Santa María de Oia.

Precepto infrinxido: artigo 91 h da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do patrimonio cultural de Galicia.