Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.537

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/83-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e C. seccionamento e R.B.T. Grupo Escolar I.

Situación: A Cañiza.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 58 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., dede o centro de seccionamento que se proxecta na liña existente ó Grupo Escolar, continuando en aérea 607 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, ata o C.T. que se proxecta Grupo Escolar II, concello da Cañiza. C.T. de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 1.375 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. Grupo Escolar I. R.B.T., aérea, de 555 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. existente Grupo Escolar.

Realizada a información pública e a notificación individual a cada un dos afectados, presentan alegacións os propietarios dos predios números 10 e 22, e o Concello da Cañiza.

O propietario do predio 10 di que está pendente da concesión dunha licencia de obra que solicitou

o 22-1-1999 para a construcción dunha vivenda, polo que solicita que de pasar a liña polo seu predio, a conducción sexa subterránea. O propietario do predio 22 pide que desvíen a liña do seu predio, porque pretende construír unha vivenda na mesma. O concello alega que os veciños da zona pretenden que se varíe o trazado levándoo por camiños, estradas ou rúas e facer parte do mesmo en subterráneo.

Trasladadas as alegacións á empresa eléctrica esta contesta dicindo que o trazado foi elixido dentro dos tecnicamente posibles, o menos prexudicial para a zona, que a servidume de paso dunha liña non impide ó dono da mesma cercalo, plantar ou edificar, deixando a salvo a dita servidume, que está prohibida a instalación de apoios de liñas de alta tensión en zonas de influencia de estradas da rede veciñal a distancia inferior a 15 m e aínda cumprindo esa distancia que non estean a menos de 8 m da arista exterior da explanación ou a unha distancia do borde da plataforma, inferior a vez e media a altura do apoio.

Trasladado o escrito da compañía ós alegantes, o propietario do predio nº 10 contesta dicindo non estar de acordo co mesmo e insiste na desviación da liña.

Considerando que o Decreto 2619/1966 sobre expropiación forzosa, no seu artigo 25 só considera as edificacións e dependencias que existan ó tempo de decretarse a servidume e que no caso presente aínda non se realizou polos propietarios dos predios 10 e 22 edificación algunha e que por outra banda a traza de liña, dada a superficie dos predios, non impide a construcción neles e sí existe dificultade técnica para leva-la liña por camiños ou pistas.

Vistos e cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997 do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 22 de febreiro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra