Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.536

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (46/1997-P).

Eu, Victoria Moyano Ruíz de Alegría, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo, dou fe e certifico que en xuízo de faltas número 46/1997, seguido ante este xulgado por unha falta de lesións e danos, no que foron denunciantes Azucena García Caamaño e Fatna Akadil e denunciadas Azucena García Caamaño e Fatna Akadil recaeu sentencia con encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia número.-En Carballo o 14 de abril de 1997. César González Castro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Carballo e o seu partido xudicial, pronunciou no nome de El Rei de España, a seguinte sentencia. En Carballo o catorce de abril de mil novecentos noventa e sete.

Vistos e examinados os presentes autos de xuízo de faltas número 46/1997, seguidos polas supostas faltas de lesións e danos, no que foi parte o Ministerio Fiscal en representación da acción pública e como implicados:

Denunciante/s-denunciadas: Azucena García Caamaño e Fatna Akadil, esta ultima defendida polo letrado Juan Olives Martínez.

Testemuña: Manuel Alvite Fidalgo.

Decido que debo condenar e condeno a Azucena García Caamaño como responsable, en concepto de autora, dunha falta de danos, prevista e penada no artigo 625.1º do Código penal, á pena de multa de 10 días, a razón dunha cota diaria de duascentas pesetas, en total dúas mil 2.000 pesetas, quedando suxeita, se a dita condenada non satisfixera, voluntariamente ou por vía de constrinximento, a multa imposta, a unha responsabilidade subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada cota diaria non satisfeita que poderá cumprirse en réxime de arrestos de fin de semana, tendo lugar durante venres, sábados ou domingos no establecemento penitenciario máis próximo ó domicilio do arrestado, aínda que, non obstante, se as circunstancias o aconsellaran, o xuíz ou tribunal sentenciador poderá ordenar, logo do acordo co reo e oído ó Ministerio Fiscal, que o arresto da fin de semana se cumpra noutros días da semana, ou, de non existir centro penitenciario no partido xudicial onde resida o penado,

sempre que fora posible, en depósitos municipais, e a que indemnice a Fatna Akadil na suma de sete mil cincocentas corenta 7.540 pesetas. Con expresa imposición das custas á condenada.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, prevíndoas de que contra a ela poderán interpoñer ante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asínoo».

Notifíquese esta resolución ás partes previníndoas que contra ela poderán interpoñer, ante este xulgado, recurso de apelación no prazo de cinco días mediante escrito motivado. Así por esta miña sentencia da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, definitivamente xulgando, pronúncioo, mando e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Fatna Akadil, que se encontra en paradoiro descoñecido, e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido e asino esta cédula en Carballo o tres de marzo de dous mil.

A secretaria

Rubricada