Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 03 de abril de 2000 Páx. 4.511

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 66/2000, do 16 de marzo, polo que se acepta a cesión, a título gratuíto, á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela que se vai segregar para a construcción dun centro de educación secundaria en Pastoriza, no termo municipal de Arteixo (A Coruña).

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Arteixo, reunido en sesión celebrada o día 25 de novembro de 1999, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia unha parcela que se vai segregar, situado en Pastoriza, no termo municipal de Arteixo (A Coruña), para a construcción dun centro de educación secundaria.

Conforme os artigos 17.1 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento, aprobado polo decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Arteixo acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dunha parcela de 11.000 metros cadrados situada en Pastoriza, no termo municipal de Arteixo (A Coruña), que a seguir se describe:

Labradío procedente do nomeado xunto ó paiolo ou gaiolo, do couto redondo denominado de Feáns, e polo outro nome de Furoca, na parroquia de Santa María de Pastoriza.

Lindes: norte e leste, resto do predio de Socorro e Jorge de Vargas Quiroga (máis predio do Couto); sur, resto do predio do concello de Arteixo; oeste, camiño público e máis terreos municipais.

O predio matriz da que se vai segrega-la parcela cedida está inscrita a favor do Concello de Arteixo no Rexistro da Propiedade nº 3 da Coruña, no folio 106, do libro 403 de Arteixo, inscrición 1ª do predio nº 30.622. Non se atopa afecta a cargas ou gravames inscritos, salvo a afeccións fiscais.

Artigo 2º

A parcela cedida destinarase á construcción pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dun centro de educación secundaria.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda