Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

O Concello de Pleno, en sesión celebrada o vinteoito de outubro de mil novecentos noventa e nove, aprobou definitivamente o estudio de detalle no antigo cuarteirón de Intendencia, de acordo co expediente tramitado para o efecto, sendo teor do acordo o seguinte:

Visto o expediente de estudio de detalle no antigo cuarteirón de Intendencia resultando que o Concello

Pleno, en sesión celebrada o vinteseis de agosto do ano en que andamos, aprobou inicialmente o referido estudio de detalle, que foi sometido a información pública durante o prazo dun mes, sendo exposto no taboleiro de edictos do concello do 10 de setembro ó 8 de outubro de 1999, publicado en El Ideal Gallego do 7 de setembro de 1999 e no DOG número 178 do 14 de setembro, durante o cal non se presentaron alegacións. Na súa virtude, a Comisión Informativa de Urbanismo e Infraestructuras en sesión de 21 de outubro de 1999, en votación ordinaria e por unanimidade estimou oportuno propoñerlle o Pleno da Corporación a adopción dos seguintes acordos: primeiro: aprobar definitivamente o estudio de detalle no antigo cuarteirón de Intendencia. Segundo: proceder á súa publicación regulamentaria.

O que se fai público para xeral coñecemento, podendo interpoñer contra a mencionada aprobación recurso potestativo de reposición ante o órgano que dictou esta resolución dentro do prazo dun mes contado a partir do día da súa publicación no DOG, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola lei, sen prexuízo da posibilidade de interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no DOG e na forma prevista no artigo 45 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Ferrol, 19 de novembro de 1999.

Xaime Bello Costa

Alcalde