Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 7/2000).

A Alcaldía Presidencia, coa data 20 de marzo de 2000, dictou a seguinte resolución en relación co cambio de sistema para o desenvolvemento do polígono H11.05 Eirís Arriba II:

Primeiro: incoar expediente de modificación do sistema de actuación previsto o PXOM para a execución do polígono H11.05 (Eirís de Arriba II), por transcorre-lo prazo de tres meses desde a aprobación definitiva do Plan Xeral sen que foran presentados o proxecto de estatutos e bases de actuación, optándose para estes efectos polo de cooperación.

Segundo: someter a información pública por prazo de vinte días o expediente incoado, para os efectos previstos no artigo 121 (por remisión do 126) da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O que se publica para xeral coñecemento e, en concreto, para aquelas persoas ás que a notificación persoal non se poida practicar, polas circunstancias que en cada caso se especifique na dilixencia do notificador, realizada de acordo co estipulado no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como para os titulares de parcelas das que nome, domicilio ou ambos datos resulten descoñecidos para esta Administración (artigo 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia) e que a continuación se relacionan:

ParcelaPredioRef. Cat.NomeDomicilio

41-140Hros. Purificación Hermo GómezDescoñecido

51-141Hros. Isidro Hermo GómezDescoñecido

61-142Josefa Gómez MosqueraDescoñecido

111-233Descoñecido

121-235Descoñecido

A Coruña, 21 de marzo de 2000.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda