A Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Ourense.
c) Número de expediente: 17/2000.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: explotación do servicio de cafetería.
b) División por lotes e número:
c) Lugar de execución: Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).
d) Prazo de execución: desde o 30 de abril ata o 15 de outubro de 2000.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación ou canon de explotación.
Importe total: 130.000 ptas. (783,32 euros).
5. Garantías.
Provisional: non se esixe.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.
c) Localidade: Ourense 32004.
d) Teléfono: 988 38 60 96.
e) Telefax: 988 38 60 87.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: non se esixe.
b) Outros requisitos:
8. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.
b) Documentación que hai que presentar: a que se indica na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares e melloras na lista de prezos.
c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
d) Admisión de variantes: si.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: delegación provincial.
b) Domicilio: Camiño Prado Lonia, s/n.
c) Localidade: Ourense.
d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar no día hábil seguinte.
e) Hora: 11.30 horas.
10. Outras informacións:
11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.
Ourense, 28 de marzo de 2000.
Isidro José Cabero Juárez
Delegado provincial de Ourense