Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.481

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, pola que se anuncia o concurso público aberto, para a contratación da dotación das aulas-taller de vernizado e acabado, secado e tratamento da madeira e tapicería, para o centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 15/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: dotación das aulas-taller de vernizado e acabado, secado e tratamento da madeira e tapicería, para o centro de formación ocupacional de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: 2 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 29.400.000 ptas.

Lote 1: 11.500.000 ptas. (vernizado e acabado).

Lote 2: 14.500.000 ptas. (secado e tratamento da madeira).

Lote 3: 3.400.000 ptas. (tapicería).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: si. Importe: 1.760.000 ptas. (4% importe de licitación).

Lote 1: 460.000 ptas.

Lote 2: 580.000 ptas.

Lote 3: 136.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfono: información administrativa: 981 54 46 80-54 46 52.

Información técnica: 981 56 31 33 (Sr. Mosquera).

e) Telefax: 981 54 56 26.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata remata-lo prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8) Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: trece (13) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. A solvencia económica e financeira e a solvencia técnica deberán acreditarse por un dos medios que sinalan os artigos 16 e 18, respectivamente, da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas. Así mesmo, deberá figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador e o lote ou lotes ós que concurse. No caso de estaren inscritos no Rexistro de Contratistas xuntarase grampado no exterior do sobre «A» o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2) Domicilio: San Caetano.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

( ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data:

Apertura documentación administrativa (Sobre A): o quinto día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación das ofertas.

Apertura oferta económica (Sobre C): décimo día hábil seguinte ó de remata-lo prazo de presentación das ofertas.

De coincidir este en sábado pasará ó seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: estes anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia e

Promoción do Emprego, Muller e Xuventude