Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Viveiro para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 034-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Viveiro coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A., Avda. do Cruceiro, 201-A 15705 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Viveiro e Xove (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.616.000,4.837.000); V(0.619.000,4.837.000)

V(0.619.515,4.835.015); V(0.619.500,4.833.000)

V(0.620.000,4.832.000); V(0.620.000,4.830.000)

V(0.618.000,4.830.500); V(0.617.000,4.830.500)

V(0.616.000,4.831.500); V(0.614.000,4.832.500)

V(0.614.000,4.833.500); V(0.616.000,4.833.000)

V(0.614.500,4.834.000); V(0.614.500,4.835.000)

V(0.615.500,4.835.500); V(0.615.000,4.836.000)

Superficie afectada: 2.937,87 ha.

Potencia bruta: 36,3 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 21 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo