Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 2000 Páx. 4.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Goía-Peñote para os efectos de presentación de proxectos en competencia. (Expediente 036-EOL).

De conformidade co disposto no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, someto a información pública a solicitude de autorización administrativa das instalacións do parque eólico de Goía-Peñote coas seguintes características:

Peticionario: Gamesa Energía, S.A., Avda. do Cruceiro, 201-A 15705 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Vilalba, Xermade e Muras (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V(0.604.000,4.811.500); V(0.606.000,4.811.00)

V(0.605.000,4.810.500); V(0.605.000,4.810.000)

V(0.605.500,4.810.500); V(0.606.500,4.810.000)

V(0.606.500,4.811.000); V(0.607.491,79,4.811.000)

V(0.608.350,4.808.500); V(0.612.000,4.807.244,49)

V(0.612.000,4.807.000); V(0.608.500,4.807.500)

V(0.608.000,4.807.000); V(0.607.000,4.808.000)

V(0.606.000,4.807.500); V(0.605.000,4.809.000)

V(0.605.000,4.809.500); V(0.604.000,4.809.500)

V(0.602.500,4.810.000).

Superficie afectada: 1.463,52 ha.

Potencia bruta: 40,92 MW.

As entidades públicas ou privadas interesadas poderán presentar solicitudes en competencia durante o prazo de 20 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución, mediante o procedemento establecido no artigo 10 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo, que regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia.

Lugo, 21 de marzo de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo