Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

INFORMACIÓN pública. Licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. Obxecto do contrato.

Adquisición de terreos con destino á instalación dun vertedoiro de inertes, mínimo 10.000 metros

cadrados de terreo cualificado como non urbanizable de réxime xeral.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 750.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 20.000 ptas.

Definitiva: dada a natureza do contrato, non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Monterroso. Praza de Galicia nº 1, código postal: 27560 Monterroso (Lugo). Teléfono: 982 37 70 01.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar:

As proposicións presentaranse en dous sobres pechados.

Sobre «B», subtitulado oferta económica que deberá formularse conforme modelo que figura no prego, cláusula VIII).

Sobre «A», subtitulado personalidade xurídica; conterá a documentación a que se refire a cláusula VIII), do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso. Praza de Galicia 1.

c) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, debendo neste caso achega-los correspondentes informes técnicos xustificativos delas.

8. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Monterroso, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

Monterroso, 21 de marzo de 2000.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente