Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

INFORMACIÓN pública.

A Comisión de Goberno deste concello, na súa sesión do 21 de marzo de 2000, prestou aprobación inicial ó estudio de detalle de reordenación de volumes e aliñacións dun soar sito entre a Avda. de Lugo e a rúa VV.

O referido estudio de detalle e o expediente tramitado para o efecto sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o que os interesados poderán examinalo e formular, se é o caso, as alegacións que consideren convenientes, de conformidade con canto se establece no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

O expediente estará á disposición dos interesados na casa do concello, polo prazo antes indicado, podendo ser examinado de 9 a 14 horas os días laborables.

As alegacións formalizaranse por medio de escrito dirixido ó alcalde-presidente.

Monterroso, 21 de marzo de 2000.

Antonio E. Gato Soengas

Alcalde-presidente