Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUDIÑA

ANUNCIO.

O Concello da Gudiña, na sesión plenaria que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2000, aprobou inicialmente o PXOM redactado por José Jaime Vázquez Iglesias.

Sométese a información pública, polo prazo dun mes, contado a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG.

Durante esta exposición calquera persoa física ou xurídica pode examina-lo plan xeral de ordenación municipal, no concello, en horario de oficinas, de luns a venres.

Poden formula-las alegacións e observacións que consideren oportunas.

Nas áreas que se detallan a continuación, quedan suspendidos os outorgamentos de licencias, dado que as novas determinacións do PXOM supoñen unha modificación do réxime urbanístico que teñen hoxe. Estas áreas, son todo o termo municipal.

A Gudiña, 29 de febreiro de 2000.

Guillermo Lago Pérez

Alcalde