Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente PDU 1/2000).

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o 18 de febreiro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización dos polígonos POL I11.03 e POL I11.04 nas Xubias, redactado por Javier Nogueiras Mascarenhas, por iniciativa do concello.

2. Publicar este acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente que estará exposto ó público na oficina de Planeamento do Servicio de Urbanismo, en horario laboral de 12 a 14 horas, se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de febreiro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo