Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.428

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO.

No BOP de Ourense no día da data publicáronse integramente as bases para a provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal e no cadro

de persoal laboral fixo, correspondente á oferta de emprego público de 1999.

As prazas que se convocan son as seguintes:

a) Cadro de persoal municipal:

Tres (3) prazas. Escala Administración especial, subescala servicios especiais, clase de policía local, nominación garda. Grupo D. Oposición libre. Graduado escolar, formación profesional de primeiro grao ou equivalente.

b) Cadro de persoal laboral:

Unha (1) praza de aparellador municipal. Persoal laboral. Asimilada ó grupo B. Concurso. Diplomado universitario como aparellador ou arquitecto técnico.

Unha (1) praza de asistenta social. Persoal laboral. Asimilada ó grupo B. Concurso. Diplomada universitaria en traballo social.

As solicitudes presentaranse no rexistro xeral do Concello de Barbadás, durante o prazo de 20 días naturais seguintes ó da publicación do pertinente anuncio no BOE. Tamén poderán presentarse na forma que determine o artigo 38.4º da Lei 30/1992. Nos casos de concurso, á solicitude deben xuntarse os xustificantes dos méritos que se aleguen.

No mesmo prazo xustificarase o pagamento dos dereitos de exame polos seguintes importes, xunto coa solicitude o pertinente xustificante: para as prazas asimiladas ó grupo B 1.000 pesetas, grupo D 1.500 ptas.

O concello, facilitará copia das bases e modelo oficial das solicitudes, nas oficinas do rexistro xeral, Cimadevila nº 11 Barbadás, ou solicitándoo ó teléfono 988 36 00 00.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro de anuncios deste concello e no BOP de Ourense cando proceda, de acordo coas bases das probas selectivas.

O que se publica de conformidade co disposto no artigo 233.3º da Lei 5/1994, da Administración local de Galicia.

Barbadás, 1 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado