Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda dar publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición do equipamento xeral con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-15/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento xeral.

c) Lote: nove lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 45, do 5 de marzo e BOE nº 55, do 5 de marzo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: noventa e seis millóns cento dezanove mil oitocentas pesetas, IVE incluído (96.119.800 ptas.) (577.691,63 euros).

Lote nº 1: 10.704.000 ptas. (64.332,33 euros).

Lote nº 2: 28.140.000 ptas. (169.124,81 euros).

Lote nº 3: 22.315.000 ptas. (134.115,85 euros).

Lote nº 4: 7.840.000 ptas. (47.119,35 euros).

Lote nº 5: 1.650.000 ptas. (9.916,69 euros).

Lote nº 6: 9.704.000 ptas. (58.322,22 euros).

Lote nº 7: 2.750.000 ptas. (16.527,84 euros).

Lote nº 8: 10.505.000 ptas. (63.136,32 euros).

Lote nº 9: 2.511.800 ptas. (15.096,22 euros).

5. Adxudicación.

Lote nº 1: equipamento moblaxe a medida melanina.

a) Data: 23 de xuño de 1999.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dez millóns cento oitenta mil pesetas, IVE incluído (10.180.000 ptas.) (61.183,03 euros).

Lote nº 2: equipamento moblaxe vitrinas.

a) Data: 8 de xullo de 1999.

b) Contratista: Sumcyl, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vintetrés millóns seiscentas setenta e seis mil pesetas, IVE incluído (23.676.000 ptas.) (142.295,63 euros).

Lote nº 3: equipamento angarellas especiais.

a) Data: 13 de agosto de 1999.

b) Contratista: Clínica y Control, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: vinteún millóns novecentas cinco mil pesetas, IVE incluído (21.905.000 ptas.) (131.651,70 euros).

Lote nº 4: equipamento de armarios con caixóns e/ou baldas.

a) Data: 13 de xuño de 1999.

b) Contratista: Amsco/Finn-Aqua, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sete millóns oitocentas corenta mil pesetas, IVE incluído (7.840.000 ptas.) (47.119,35 euros).

Lote nº 5: equipamento arquivo de mostras.

a) Data: 10 de xuño de 1999.

b) Contratista: Comercial Hospitalaria Grupo-3, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: un millón seiscentas cinco mil pesetas, IVE incluído (1.605.000 ptas.) (9.646,24 euros).

Lote nº 6: equipamento de aseos.

a) Data: 8 de xullo de 1999.

b) Contratista: Ortotecsa, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: nove millóns cento sesenta e sete mil catrocentas pesetas, IVE incluído (9.167.400 ptas.) (55.098,99 euros).

Lote nº 7: equipamento de proxeccións.

Deserto.

Lote nº 8: equipamento para audiovisuais.

a) Data: 8 de xullo de 1999.

b) Contratista: Spica, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dez millóns trescentas noventa mil pesetas, IVE incluído (10.390.000 ptas.) (62.445,16 euros).

Lote nº 9: equipamento moblaxe inoxidable.

a) Data: 29 de xullo de 1999.

b) Contratista: Disa (Suministros y Distribuciones Sanitarias), S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: dous millóns cincocentas once mil oitocentas pesetas, IVE incluído (2.511.800 ptas.) (15.096,22 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos