Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 2000 Páx. 4.402

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 15 de decembro de 1999, correspondente á categoría 63 (oficial 1ª conductor e outros) do grupo III.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con datas do 17 de febreiro de 2000 e 6 de marzo de 2000 resolucións estimatorias dos recursos formulados por Francisco Saavedra Milao e José García Pereira, contra a Resolución do 15 de decembro de 1999, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 63 (oficial 1ª conductor e outros) do grupo III.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 15 de decembro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 63 (oficial 1ª conductor e outros) do grupo III, cos datos seguintes:

-Francisco Saavedra Milao.

DNI número 33.07.423 -Lista B- puntuación 0,95 puntos.

-No posto número 16 para o ámbito territorial D2700.

-No posto número 66 para o ámbito territorial D0000.

-José García Pereira.

DNI número 34.929.054 -Lista B- puntuación 0,110 puntos.

-No posto número 23 para o ámbito territorial D2700.

-No posto número 25 para o ámbito territorial D3200.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Adminis

trativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública