Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 2 de febreiro de 2000 pola que se aproba o cambio de dominio das bateas Besada II, Erundi IV, Erundi V, Erundi VI, Erundi VII, Erundi IX, Jesusa I, Jesusa II, M. III, Pepe, San Cayetano II e Tifón.

Vistos os expediente instruídos para efectos de transmisión das bateas Besada II, Erundi IV, Erundi V, Erundi VI, Erundi VII, Erundi IX, Jesusa I, Jesusa II, M. III, Pepe, San Cayetano II e Tifón, e das concesións administrativas que as amparan, resulta:

A) Antecendentes de feito.

Primeiro: mediante escritos con data do 19-11-1999, Evaristo Daporta Leiro solicitou autorización para a transmisión das concesións das bateas Besada II, Erundi IV, Erundi V, Erundi VI, Erundi VII, Erundi IX, Jesusa I, Jesusa II, M. III, Pepe, San Cayetano II e Tifón.

Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características das bateas, e do Servicio Técnico-Xurídico sobre a tramitación dos expedientes son favorables.

B) Fundamentos xurídicos.

Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo: o expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, tiven a ben dicta-la seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos a favor de Mariscos Daporta, S.L. (B-26.346.278), das concesións administrativas das bateas que se indican a continuación e das que son titulares na actualidade

Evaristo Daporta Leiro (35.347.969) e Mª Erundina Fernández Ambrós (35.390.317):

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Besada II.

Localización: 53 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 23-10-1963.

Remate da vixencia: 8-11-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Erundi IV.

Localización: 202 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 18-6-1965.

Remate da vixencia: 29-6-2005.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Erundi V.

Localización: 195 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 25-10-1972.

Remate da vixencia: 11-11-2002.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Erundi VI.

Localización: 98 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 15-6-1972.

Remate da vixencia: 29-7-2002.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Erundi VII.

Localización: 65 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 24-7-1973.

Remate da vixencia: 23-8-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Erundi IX.

Localización: 39 O Grove F.

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 18-2-1977.

Remate da vixencia: 16-3-2007.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jesusa I.

Localización: 41 Cambados G.

Especies autorizadas: ostra plana (Ostrea edulis) e mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-2-1964.

Remate da vixencia: 30-3-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Jesusa II.

Localización: 42 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-2-1964.

Remate da vixencia: 20-2-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: M. III.

Localización: 83 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis) e ostra plana (Ostrea edulis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 21-1-1955.

Remate da vixencia: 21-1-2005.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pepe.

Localización: 72 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis), ostra plana (Ostrea edulis) e vieira (Pecten máximus).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 29-2-1964.

Remate da vixencia: 30-3-2004.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: San Cayetano II.

Localización: 8 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 23-10-1963.

Remate da vixencia: 8-1-2003.

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Tifón.

Localización: 185 Cambados G.

Especies autorizadas: mexillón (M.galloprovincialis).

Título habilitante:

Orde de outorgamento: 11-3-1964.

Remate da vixencia: 15-4-2004.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Os actuais titulares deberán presentar, no prazo máximo dun mes, contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen que se achegase a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o

momento de formalización de compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 2 de febreiro de 2000.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo