Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.344

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 3 de marzo de 2000, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 18 de febreiro de 2000 dictada no expediente sancionador de Pontevedra PO-109/1999, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, (BOE do 14-1-1999), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona, a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-109/1999, incoado ó titular do establecemento de café-bar denominado Don Sancho, situado na rúa Joaquín Costa, de Pontevedra, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Expediente: PO-109/1999.

Sancionado: José Luis Domínguez Vilar.

Establecemento: café-bar Don Sancho.

Domicilio: rúa Joaquín Costa.

Localidade: Pontevedra.

Resolución: 18 de febreiro de 2000.

Precepto infrinxido: Art. 87.7º da Lei 9/1997.

Sanción: seiscentas mil (600.000) pesetas.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2000.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo