Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do expediente O-0298/1999, referente ó procedemento sancionador incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra á empresa Mesón Asador O Freixo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á interesada, cos datos e último domicilio coñecido no Freixo, 17-Ribadumia (Pontevedra), a resolución do expediente sancionador número O-0298/1999, que lle foi incoado polo Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra á empresa Mesón Asador O Freixo, pola comisión dunha infracción á Lei de estradas de Galicia (en adiante L.E.G.), da que a súa parte dispositiva di:

Un.-Declarar á empresa Mesón Asador O Freixo, responsable da comisión dunha infracción moi grave tipificada no artigo 43.3º g) L.E.G.

Dous.-Impoñerlle-la sanción de multa de 200.000 pesetas (duascentas mil pesetas).

Tres.-Ordena-la restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción nun prazo de 15 días, desde a notificación desta resolución (artigo 47.3º L.E.G.), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4º L.E.G.), e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria a cargo do causante.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación conforme co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa; ou, con carácter previo e potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contados desde o día seguinte ó da súa notificación de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de

novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A multa deberá facerse efectiva ingresando o seu importe na conta restrinxida para a recadación de multas e sancións da delegación da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en Pontevedra na Caixa de Galicia, conta nº 311.500.007/9, sucursal de r/ Calvo Sotelo, 3, Pontevedra, no prazo determinado de acordo co establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación, as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do mes seguinte ou inmediato hábil posterior. As notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes seguinte ou do inmediato hábil posterior.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 1 de marzo de 2000.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda