Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2000, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de acondicionamento da estrada PO-200, tramo: Laro-Aciveiro, clave: N/PO/90.8.4.1, termos municipais de Forcarei e Silleda.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia

da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras para realizar con cargo ó programa 413-B «Construcción, conservación e explotación de estradas».

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 14 de setembro de 1998, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 30 de setembro de 1999 (Decreto 264/1999), acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras e, así mesmo, a urxente ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos que a continuación se citan, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados e os prexuízos dimanantes da rápida ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Forcarei.

Día: 14 de abril de 2000, de 10 a 14 horas: do predio nº 1000 ó último predio.

Lugar: Casa do Concello de Silleda.

Día: 17 de abril de 2000, de 10 a 14 horas: do predio nº 001 ó predio nº 060.

Día: 18 de abril de 2000, de 10 a 14 horas: do predio nº 061 ó último predio.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contribución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o estiman oportuno, dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial

de Estradas da Xunta e Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 14 de marzo de 2000.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe