Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.341

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión das prazas de operadores informáticos, convocadas por Resolución do 11 de xaneiro de 2000 (DOG do 9 de febreiro).

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1. da Resolución do 11 de xaneiro de 2000 (DOG do 9 de febreiro), pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de operadores informáticos vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade, resolve aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura exposta no taboleiro de anuncios do Rectorado (Rúa Maestranza, s/n) e no Vicerrectorado do Campus de Ferrol (Dr. Vázquez Cabrera, s/n).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para emendaren defectos que motivasen a súa exclusión ou omisión.

A Coruña, 13 de marzo de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña