Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 29 de marzo de 2000 Páx. 4.339

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2000 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, mediante o sistema de libre designación, dunha praza de vicexerente vacante neste organismo.

Sendo necesaria a dotación da praza de vicexerente na Área de Control Interno que se especifica no anexo a esta convocatoria,

Este rectorado, en cumprimento do establecido nos artigos 20.1º b) da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para a reforma da función pública, 52

do R.D. 364/1995, do 10 de marzo, do Regulamento xeral de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción do persoal ó servicio da Administración xeral do Estado, e 70 dos estatutos da Universidade da Coruña, aprobados por Decreto 253/1992, do 10 de setembro, e modificados por Decreto 245/1998, do 30 de xullo, e demais normativa de procedente aplicación, convoca a súa provisión consonte as seguintes bases:

Primeira.-Poderán participar nesta convocatoria os funcionarios de carreira das escalas de técnicos de

xestión ou de xestión con destino definitivo na Universidade da Coruña e os funcionarios de carreira dos grupos A e B pertencentes a corpos e escalas da Administración do Estado, das comunidades autónomas e da Administración local, así como de escalas propias doutras universidades.

Segunda.-As solicitudes irán dirixidas ó rector da Universidade da Coruña, empregando o modelo que consta como anexo II a esta convocatoria e presentaranse no rexistro xeral desta universidade (Mestranza, s/n, 15001 A Coruña) ou remitiranse a través das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE.

Á solicitude xuntaráselle un currículum vitae, no que se especifiquen os méritos alegados polo candidato ó posto ofertado.

En atención á natureza do posto que se vai cubrir poderán celebrarse entrevistas cos candidatos que tratarán sobre os méritos específicos adecuados ás características do posto, de acordo co previsto nesta convocatoria e, se é o caso, poderanse estender á comprobación dos méritos alegados.

Os aspirantes con algunha discapacidade poderán pedir na solicitude de participación as posibles adaptacións de tempo e medios para a realización das entrevistas.

Esta convocatoria, así como os actos administrativos derivados dela, poderán ser impugnados no

prazo e forma establecidos na vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 6 de marzo de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO I

Denominación do posto: vicexerente.

Localidade: A Coruña.

Grupo: A/B.

Tipo de posto: singularizado.

Complemento de destino: 29.

Complemento específico mensual: 170.876 ptas.

Forma de provisión: libre designación.

Perfil do posto:

Funcións:-Auxiliar ó xerente e substituílo nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade.-Elaborar propostas para a mellora dos procedementos administrativos e de xestión.-Coordinación do Servicio de Control Interno.-Asistencia a comisións e mesas relacionadas coa área de traballo.-Asesoría ás administracións dos centros da universidade en aspectos administrativos e de xestión.-Seguimento dos expedientes administrativos competencia da Xerencia en el Área de Control Interno.-Calquera outra que lle sexan atribuídas polo superior xerárquico.