Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.272

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN SEMANA VERDE DE GALICIA

ANUNCIO.

Anúnciase a contratación dos postos de traballo da Fundación Semana Verde de Galicia que ó final se relacionarán, para desempeñar na sede administrativa da fundación, no recinto feiral de Silleda-Pontevedra, a xornada completa, contratación que se someterá ós principios de igualdade, mérito e capa

cidade, con selección dos candidatos pola comisión designada para este obxecto, a teor das probas de selección establecidas. Valoraranse especialmente a experiencia profesional en empresas relacionadas coa actividade feiral e o dominio de idiomas. Os interesados terán que remitir á fundación, ó Recinto Feiral sen número, de Silleda (Pontevedra), dentro do prazo do mes seguinte ó da publicación deste anuncio, o currículum coas circunstancias persoais, titulación, empregos e actividades desenvolvidas e demais circunstancias que atinxen ós indicados principios e conceptos, coa proposta da retribución económica en bruto que pretendan percibir por tódolos conceptos, sen prexuízo de que, por solicitude dos interesados, a fundación lles remita pola vía que indicasen o proxecto e os límites de remuneración indicativos establecidos en principio para os postos que se van cubrir. As probas de selección realizaranse unha vez transcorrido o prazo dun mes desde a publicación do último dos anuncios

desta contratación, logo de comunicación a cada interesado para a sinalización do día e hora.

Os postos que se van cubrir son os seguintes:

-Director de Recursos Humanos.

-Comercial.

Rubricado