Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 28 de marzo de 2000 Páx. 4.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente. (Expediente 2348/2000 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de organización e coordinación do III certame de artesanía Antonio Fraguas Fraguas.

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: un ano contados a partir do día segUinte ó da formalización do contrato en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: 3.000.000 de ptas., 18.030,36 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite, ata as 13 horas do prazo de 13 días naturais desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de marzo de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau SupervÍa

Secretario da Deputación Provincial da Coruña