Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.108

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 24 de febreiro de 2000 pola que se regula o funcionamento dos centros asociados ó Servicio Galego de Colocación.

Advertidos erros na citada orde, publicada no DOG nº 47, do mércores 8 de marzo de 2000, cómpre face-las seguintes correccións:

-Na páxina 3.127, artigo 4º punto 3, onde di: «O centro deberá facer efectiva a rectificación, modificación ou cancelación no termo de cinco días», debe dicir: «O centro deberá facer efectiva a rectificación ou cancelación no termo de dez días».

-Nos artigos 4º e 14º, onde se fai referencia a: «a Lei orgánica 5/1992, do 29 de outubro, de regulación de tratamento automatizado de datos de carácter persoal» debe entenderse: «Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal».

-Na páxina 3.128, no artigo 10º punto 3, onde di: «Contra a resolución do director xeral de Formación e Colocación poderase interpoñer recurso de alzada perante a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude», debe dicir: «Contra a resolución do director xeral de Formación e Colocación poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude»,

-Na páxina 3.129, no artigo 14º letra s), onde di: «no termo de 5 días hábiles» debe dicir: «no termo de 10 días hábiles».

-Na páxina 3.131, no artigo 21º debemos engadi-lo seguinte parágrafo: «Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión».

-Na páxina 3.131, no artigo 25º, nas liñas 31 a 34, onde di: «para que adopte a resolución pertinente, conforme a delegación de competencias establecida na disposición adicional cuarta» debe dicir: «para que adopte a resolución pertinente».

-Na páxina 3.131, no artigo 25º, nas liñas 39 a 45, onde di: «polo director xeral de Formación e Colocación poderá revogar total o parcialmente, conforme a delegación de competencias establecida na disposición adicional cuarta, a compensación económica otorgada ou reclama-la devolución das cantidades percibidas indebidamente, con independencia doutras accións legais que, se é o caso, poidense corresponder» debe dicir: «o director xeral de Formación e Colocación poderá revogar total ou parcialmente, conforme a delegación de competencias

establecidas na disposición adicional cuarta, a compensación económica outorgada ou reclama-la devolución das cantidades percibidas indebidamente, con independencia doutras accións legais que, se é o caso, puidesen corresponder, de acordo co previsto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro».