Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/20-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,

sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15011 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 220 kV A Grela-Porto.

Situación: A Coruña.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de alta tensión, en dobre circuíto, a 220 kV, baixo tubos e con conductores unipolares XLPE 220/127 kV de 6(1x1.200) mm Al, para unha capacidade de transporte de 266 MVA e 698 A, depositados en gabia de 1,5 m de profundidade e 1,40 m de largo, con orixe na futura subestación blindada da Grela-ó lado da subestación existente- e que, cunha lonxitude de 4.300 m, discorrerá pola estrada dos Baños de Arteixo e rúas Newton, Galileo, Severo Ochoa, Curie, Avda. Arteixo, Juan Flórez, Fernando González, Notariado, Fontán, Praza de Ourense, Sánchez Bregua, Avda. Alférez Provisional e final na subestación do porto, que se vai instalar. No seu percorrido tenderase cable de fibra óptica PKP de 64 fibras dentro de tubo de polietileno de 90 mm o, así como tres tubos para tres liñas de media tensión. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 16 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña