Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 55/1998).

Advertido erro no expediente 55/1998 que foi publicado no DOG nº 18, do 27 de xaneiro de 2000, faise pública a seguinte corrección por omisión:

Na páxina 1.136, columna 2, liña 19, onde di: «Descricións: liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,249 km, coa orixe na L.M.T. Cesuras-Cesuras (expediente 52291), e final no centro de transformación proxectado Asadiño, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,02 km, de lonxitude con conductor tipo R.Z., no termo municipal de Abegondo», debe dicir: «Descricións: liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,584 km, con orixe na L.M.T. Cesuras-Cesuras (expediente 52291), e final no centro de transformación proxectado Curro, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha rede de baixa tensión de 0,057 km, de lonxitude con conductor tipo R.Z. e apoios de formigón. Liña eléctrica aérea a 15/20 kV cunha lonxitude de 0,249 km, con orixe na L.M.T. Cesuras-Cesuras (expediente 52291), e final no centro de transformación proxectado Asadiño, cunha potencia de 50 kVA 15.000/380-220 V tipo intemperie e unha

rede de baixa tensión de 0,02 km, de lonxitude con conductor tipo R.Z., no termo municipal de Abegondo».

O que se fai público para xeral coñecemento.

A Coruña, 16 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña