Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.022

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 3 de marzo de 2000, da Dirección Xerencia do Hospital do Meixoeiro de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, para os servicios de seguridade (expediente 5/2000) e de realización de probas de laboratorio (expediente 14/2000).

O director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas por Orde do 21 de abril de 1998 sobre delegación de competencias nos órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-los seguintes concursos:

Expediente 4/2000:

Obxecto: contratación do servicio de seguridade do Hospital do Meixoeiro.

Orzamento: 44.000.000 de ptas.

Expediente 14/2000:

Obxecto: contratación do servicio de realización de probas de laboratorio.

Orzamento: 17.369.588 ptas.

Garantía provisional: 2% do orzamento de cada unha das partidas ás que se concorre.

Forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

Prazo de execución: desde a sinatura do contrato e ata o 31-12-2000.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Solvencia económica e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen este concurso.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Unidade de Contratación Administrativa do Hospital do Meixoeiro, Meixoeiro s/n, 36200 de Vigo. En días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 986 81 11 59, fax: 986 81 11 39.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinadas polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste hospital, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviadas por correo, dentro do prazo sinalado.

Apertura de proposicións: terá lugar na sala de xuntas do Hospital do Meixoeiro, a partir das 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 3 de marzo de 2000.

Rubén Sanz Cartagena

Director xerente do Hospital do Meixoeiro de Vigo