Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.021

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de reparación de fachadas e cubertas dos bloques 1, 2, 3 e 9 e instalación de contadores de auga nos bloques 3 e 9 do polígono de Elviña. O Birloque. A Coruña. (Expediente C-99/REP 04).

1. Obxecto:

Obra de reparación das fachadas e cubertas dos bloques nº 1, 2, 3, 9 e instalación de contadores

de auga nos bloques nº 3 e 9. Polígono de Elviña. O Birloque. A Coruña.

2. Orzamento:

Cento catorce millóns cento trece mil oitocentas sesenta e catro (114.113.864) pesetas, IVE incluído.

3. Prazo de execución:

Doce (12) meses.

4. Clasificación:

Grupo C; subgrupos 4 e 7; categoría d.

5. Garantía provisional:

Dispensada en aplicación do artigo 36.2º da LCAP.

6. Garantía definitiva:

Catro millóns cincocentas sesenta e catro mil cincocentas cincuenta e cinco (4.564.555) pesetas, IVE incluído.

7. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e á disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

8. Presentación de proposicións:

As proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

9. Apertura de proposicións:

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (nº 981 54 19 02) no mesmo día.

10. Obtención da documentación:

-Copistería Copy Estudio.

-Enderezo: Rúa Nova de Abaixo, 19-20 (Galerías). Santiago de Compostela.

-Telféfono: 981 59 33 85.

11. Anuncio:

O importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 15 de marzo de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo