Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.006

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 25 de febreiro de 2000, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan propostas de resolución de expedientes sancionadores pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Rubal Alonso, Abel).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse propostas de resolución de expedientes sancionadores pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 77 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 25 de febreiro de 2000.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rubal Alonso Abel

DNI: 76.536.712

Trav. Ponte Romana, 8, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expediente sancionador nº 103/1999.

Período impositivo: 1999.