A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Con
sellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.
Para cumprir este mandado e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería
DISPÓN:
Artigo único.
Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.
Este prezo entenderase con IVE incluído.
Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2000.
José Carlos del Álamo Jiménez
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO I
Estratexia Galega de Educación Ambiental: 1.000 pesetas (6,01 euros).