Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de febreiro de 2000, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, pola que se anuncia a contratación, polo trámite de urxencia e mediante o sistema de concurso público e procedemento aberto, do servicio de hixienización de roupa plana e de forma deste complexo hospitalario. (Expediente 27/2000).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que

lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 do abril de 1998 (Diario Oficial de Galicia nº 88, do 11 de maio), convoca os seguintes concursos:

* Expediente: 27/2000:

1. Obxecto: contratación do servicio de hixienizado de roupa plana e de forma do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes.

2. Orzamento: 18.000.000 de pesetas/ano (108.182,18 euros), IVE incluído.

3. Prazo de execución: desde a data de formalización do contrato e ata o 31-12-2000, podendo prorrogarse expresamente logo do acordo das partes, e dentro dos límites do artigo 199.1º da Lei de contratos das administracións públicas.

4. Admisión de variantes: non se admitirán variantes.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Solvencia económica e financeira: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei de contratos das administracións públicas (Lei 13/1995, do 18 de maio, BOE nº 119, do 19 de maio).

9. Solvencia técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (BOE nº 119, do 19 de maio).

10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas (punto 11).

11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar no Servicio de de Contratación Administrativa do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas. Teléfono: 986 81 60 28.

12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man no rexistro xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do RXCE.

13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal, referencias técnicas e oferta económica, descritas no prego de cláusulas administrativas.

14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizarase pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro

día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.

15. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 29 de febreiro de 2000.

José Manuel González Álvarez

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Cíes de Vigo